luns, 22 de setembro de 2014

A diversidade lingüística.

Criterios de avaliación 
Ao final da unidade debería ser vostede capaz de: 

-Expresar por escrito e oralmente o contido dunha mensaxe mantendo a coherencia, a corrección gramatical, a adecuada presentación e a utilización dos diferentes elementos cohesivos.
 - Coñecer a diversidade lingüística do mundo, de Europa e do Estado español valorando positivamente a riqueza que representa. 
 -Distinguir as características dos textos descritivos e os diferentes tipos de descricións. Redactar textos descritivos.
- Identificar os trazos de flexión de xénero e número de substantivo e adxectivo e utilizalos de acordo coas normas do galego estándar.
-Identificar a tipoloxía semántica do substantivo. 
-Identificar a gradación do adxectivo .

Neste tema debe fixarse nos conceptos de lingua minoritaria e lingua minorizada e coñecer as principais familias lingüísticas existentes en Europa. Repare especialmente nos idiomas falados na Península Ibérica atendendo á súa extensión xeográfica e status legal. 
Logo de que na unidade anterior se presentasen as diferentes tipoloxías textuais, comeza a análise pormenorizada das mesmas co texto descritivo: repare nas súas características lingüísticas e nos diferentes tipos de descricións.
Formación do feminino e formación do plural. A comparación

DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA DO MUNDO, DE EUROPA E DO ESTADO ESPAÑOL

 No mundo existen máis de 6.000 linguas.

As lInguas son componentes esenciais da nosa identidade. A través delas perviven a memoria e os valores colectivos dos pobos e por tanto constitúen unha riqueza de valor incalculable que é preciso preservar.



Se ben a maioría dos datos da cantidade de linguas vivas no mundo varían en función das fontes consultadas, no que si parecen coincidir, é na grande cantidade de linguas en risco de desaparición: a estimación comunmente admitida xira entorno a que unhas 3.000 linguas atópanse  ameazadas no mundo enteiro.

DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA EN EUROPA

DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA EN AMÉRICA

En América coexisten unha gran diversidade de linguas, na súa maioría de orixe indíxena. Sen embargo, os idiomas máis falados foron os instaurados polos colonizadores europeos: o español, o inglés,  o portugués e  o francés.A metade das linguas faladas no mundo  distribúense entre 8 países, dous deles  localízanse no continente americano: México, que posúe 295 lenguas vivas e Brasil, onde se falan aproximadamente 234.O guaraní: falado por máis de 6 milóns de persoas, principalmente en Paraguay, onde é idioma oficial. Náhuatl, que é falado por 1.5 milóns de persoas en México; o quiché ,falado por 1.4 millóns de persoas en Guatemala e México;  as linguas mayas ( 800 mil persoas en México e Centro América), o zapoteco, que é falado en Oaxaca por unhas 800 mil persoas; el mixteco, falado en Oaxaca e Guerrero por máis de 500 mil personas.O quechua : 12 millones de persoas. Oficial en Bolivia e Perú, e fálase  en minoría en Ecuador, o sur de Colombia e o norte de Chile e de Argentina. Xunto ao quechua, o aimara tamén é oficial en Bolivia e Perú. O mapudungun: de 440 mil mapuches en Chile e Arxentina. O wayuu: 100.000  falantes en Colombia e Venezuela.

Funcións dunha lingua (aspectos teóricos)

A función básica dunha lingua é a de servir como medio de comunicación entre os membros dunha comunidade.
Dependendo do ámbito do uso dunha lingua, a función comunicativa concrétase ou non noutras máis específicas:
  • Función de identidade: refírese á articulación do pensamento do individuo.
  • Función familiar: permite a relación entre os individuos dunha familia.
  • Función laboral: posibilita a comunicación no mundo do traballo.
  • Función local: favorece os contactos entre persoas do mesmo contorno, como amigos, compañeiros, etc.
  • Función institucional: propicia a comunicación entre o cidadán e os estamentos políticos, administrativos, etc.
  • Función cultural: serve como medio para expresar e recibir os saberes das ciencias, das artes e da cultura en xeral.

As linguas do mundo. Situación actual
Actualmente existen no mundo unhas seis mil cincocentas linguas, aínda que só están censadas catro ou cinco mil. O número é difícil de precisar, porque hai zonas do planeta pouco estudadas e porque non sempre está claro que é o que se considera lingua.
  • Linguas hexemónicas. Son as que gozan dun prestixio social, determinado pola existencia dun poder político-económico que as potencia. Cantas máis funcións das sinaladas antes cumpra unha lingua, maior prestixio social alcanza.
  • Linguas minorizadas. Son aquelas que, sendo historicamente propias dun pobo –independentemente de que sexan maioritarias ou minoritarias no seu territorio–, están sometidas a condicións sociais tales que ven restrinxidas as súas funcións; é dicir, cando algunhas destas funcións (de identidade, familiar, local, laboral, cultural, institucional) son desenvolvidas total ou parcialmente por outra lingua foránea.
  • Linguas minoritarias. Son, independentemente da consideración social que teñan, as que posúen un escaso número de falantes. Así como o concepto de lingua minorizada tiña unha dimensión cualitativa e funcional, o de lingua minoritaria é aplicable só en termos cuantitativos.

BILINGÜÍSMO E DIGLOSIA

O termo bilingüismo fai referencia ó uso de  dous idiomas por parte dun individuo ou dunha sociedade. No plano individual podémonos referir a un bilingüismo pasivo, que consiste na comprensión de dúas linguas pero coa posibilidade de elaborar mensaxes só nunha delas, e a un bilingüismo activo que implica o dominio oral e escrito das dúas. Cando nunha sociedade se empregan dúas linguas estamos diante do que se coñece co nome de  bilingüismo social.
            O termo diglosia refírese  á situación dun individuo ou comunidade que utiliza dúas linguas, sendo unha delas ( polo xeral a lingua inicial)  considerada inferior á outra. A lingua con máis prestixio  utilízase nas relacións sociais máis elevadas ou formalizadas

            A situación sociolingüística de Galicia podemos considerala de diglosia, observándose claramente que unha das linguas que coexisten, o galego, é propia dos estratos con   menos poder, con menor prestixio social e empregada polas capas sociais máis desfavorecidas economicamente. A outra lingua, o castelán, está identificada coma o idioma da cultura, do poder e das situacións formais.

            As linguas representan, para a maior parte da sociedade, funcións diferentes e por iso existe sempre un desequilibrio a favor da lingua alta(A) que serve para a realización de calquera tipo de funcións , tanto formais coma coloquiais, fronte a baixa (B)  que unicamente se emprega en rexistros menos formais. Isto estase modificando nos últimos tempos como consecuencia do ascenso da lingua B, o galego, a novos niveis de uso, pero existindo aínda no fondo un grave proceso de desgaleguización, sobre todo entre a xente nova das cidades.

A identificación do castelán con factores positivos provocou que moitos pais galegofalantes decidisen falarlles ós seus fillos nesta lingua, producíndose unha extensión do castelán a sectores nos que nunca fora empregado tradicionalmente.

LINGUAS MINORIZADAS E LINGUAS MINORITARIAS.
O GALEGO : LINGUA EN VÍAS DE NORMALIZACIÓN

1. INTRODUCIÓN As fronteiras lingüísticas rara vez coinciden coas fronteiras políticas. No mundo hai máis de cinco mil linguas e o número de Estados non chega aos douscentos. Esto quere dicir que a gran maioría dos Estados debe enfrontar no seu territorio unha realidade multilingüe. Existen poucos estados lingüisticamente homoxéneos (Islandia, Litchenstein, San Marino,...). O habitual é que os Estados sexan multilingües (España, Francia, Italia,...), de xeito que o plurilingüismo é o normal e o monolingüismo, anormal.


2 .LINGUA MINORITARIA E LINGUA MAIORITARIA. As etiquetas minoritaria e maioritaria só son aplicables en termos numéricos a unha lingua sempre que se compare con outra nun territorio administrativo dado. Unha lingua autóctona é minoritaria no seu territorio cando a porcentaxe de poboación que a usa é baixa, ben pola chegada de poboación foránea, ben por abandono do idioma por parte do grupo que historicamente a empregou. Pola contra, unha lingua é maioritaria cando a porcentaxe de poboación que a usa nun territorio é a máis elevada.


3.LINGUA MINORIZADA E LINGUA MAIORIZADA. O termo minorizada emprégase para referirse a linguas que no seu territorio se ven ameazadas pola presión exercida por unha lingua máis forte, normalmente foránea. Unha lingua minorizada, independentemente de que sexa maioritaria ou minoritaria, non ten recoñecemento oficial, os seus usos sociais están supeditados aos usos sociais da lingua dominante, ata mesmo ter a súa superviviencia ameazada pola competencia que sobre ela exerce a lingua foránea. Unha lingua é maiorizada ou hexemónica cando, sendo maioritaria ou minoritaria no seu  territorio, ten uns usos plenos e as súas funcións sociais están garantidas (ensino, medios de comunicación, administración, xustiza, cultura,...) Así pois, poden darse catro variantes:-linguas maioritarias maiorizadas: francés en Francia, grego en Grecia,...-linguas maioritarias minorizadas: galego en Galicia, sardo en Sardeña,...-linguas minoritarias maiorizadas: francés en Suíza, sueco en Finlandia, islandés en Islandia,...-linguas minoritarias minorizadas: albanés en Italia, grego en Albania,...O galego sería unha lingua maioritaria minorizada en Galicia, minoritaria minorizada en Asturias e minoritaria no conxunto do Estado español.

3. O GALEGO: LINGUA EN VÍAS DE NORMALIZACIÓN Centrándonos no noso territorio, o galego segue a ser a lingua maioritaria. A minorización do galego devén da historia de Galicia que consolidou o castelán como lingua maiorizada. A partir do século XIX, coas reivindicacións galeguistas e co cultivo literario do galego, comezou o proceso de normalización e continuaría de feito progresivo coa chegada da Democracia, coa Constitución e co Estatuto de Autonomía. 
Os logros máis importantes foron:
-a cooficialización do galego; 
-a introdución do galego no ensino; 
-a creación da RTVG;
-a creación dunha variedade estándar;
-a produción de campañas institucionais que fomentan o uso do galego;
-a promoción da vida cultural en galego (teatro, literatura, música,...)
 Podemos ver que houbo un grande avance. Os galegofalantes gozan de maior liberdade e repecto e a maior parte dos seus dereitos lingüísticos están recoñecidos. Ademais, as taxas de substitución lingüística comezan a reverter, de modo que cada vez máis galegofalantes lles transmiten a súa lingua aos fillos, a xente nova xa non se avergoña de falar galego nin considera maleducado ou incorrecto comunicarse na súa lingua cos castelanfalantes, mesmo existen persoas co castelán como lingua materna que se comprometen co galego e pasan a usalo como lingua habitual. Todo isto conleva a un aumento no número de falantes, polo que podemos dicir que o galego é unha lingua en vías de normalización, é dicir, está no proceso de conseguir a dignificación cultural e a recuperación social, adquirindo ámbitos de uso que lle foron negados e deixando de ser unha lingua restrinxida ás clases baixas e á comunicación oral no ámbito familiar..